Serendipia de Nani García trío xa á venda
31 de agosto do 2014
Tras a súa primeira publicación en trío "Renaissance", Nani García estrea o seu segundo traballo con esta formación. Unha proposta orgánica cimentada nas súas propias composicións o que lle confire ao trío un son moi especial, orixinal e contundente.
"Serendipia" que así e como se chama a súa nova publicación e un traballo que ven a confirmar as expectativas postas nesta formación dende a primeira entrega.
9 temas de autoría orixinal de Nani García que intentan abrir novos camiños no mundo da improvisación e da interpretación do trío con piano, formación clásica no mundo do jazz que suscita a cotío novos retos aos improvisadores. Neste caso as composicions e as súas estructuras son sostedoras dun gran peso no traballo do trío.
A meirande parte dos temas son de recente creación pero abundan os temas implementados co paso do tempo dando lugar a estructuras máis solidas.
Nani Garcia, piano
Simon Garcia, contrabaixo
Miguel Cabana, Bateria
Gravado por Javier Ferreiro nos Estudios Bruar de A Coruña
Producido por Nani García e Javier Ferreiro
Fotografias e deseño gráfico de Nelson Corsino
Temas:
1.Viñas de Babilonia
2.Eivas de amor no fio ardente da beleza
3.Cada vez que isto acontece
4.Power to the people
5.R.I.V.
6.Truit song
7.Serendipia
8.Unha minima delicadeza
9.Nom de plume