Curso Práctico de Composición Musical para Imaxe

20 de xaneiro do 2015

Obxetivos
Dedicado para profesionais e aficionados cun mínimo de coñecementos (teóricos ou prácticos) sobre composición .
Conseguir do alumnado unha destreza ou familiaridade co relato audiovisual na maioría das súas facetas. 
Aprender a determinar de forma musical a natureza específica do relato para aplicar de maneira consecuente a concepción musical precisa en cada momento.
Conseguir facer valido o aforismo “Un bo compositor de cine non é o que mellor música compón se non o que mellor cine fai con ela”


Contidos
Coñeceremos as distintas aproximaciós estilísticas da música aplicadas á imaxe.
Teremos ocasión, ao tempo, de reflexionar sobre o papel da música aplicada á imaxe e as suas consecuencias formais.
Faremos unha revisión dos instrumentos musicais da tradición occidental e de outras culturas, as  suas características físicas, acústicas e musicais, as suas posibilidades tímbricas e expresivas amais do uso e deseño de instrumentos virtuais.
Desenvolveremos técnicas de organización para a composición sobre proyectos e a sua ulterior producción e captación.
Como parte do proceso de produción, desenvolveremos actitudes creativas e de cooperación que poidan complementar e potenciar as actividades de outros profesionais da música e de outras artes, cos que se interactúe. 
Aprenderemos a planificar os procesos de producción sonora e achegarémonos  ás distintas técnicas e procesos de captación, gravación, creación, manipulación e difusión de material sonoro e musical.



Metodoloxía
Grupos de tres alumnos por aula.
Traballaremos con  secuencias de imaxens que serán asignadas a cada alumno sobre as que se realizarán  traballos de composición en base a determinados parámetros ou condicións preestablecidas. 
Estas condicións son normalmente consecuencia das condicións establecidas pola  producción.  Orzamentos, data de entrega, etc. Ou ben por exixencias justificadas  da dirección artística.
A laboura do profesor será titorar estes traballos de composición que serán completados durante o resto da semana fora da aula.
De este xeito  ata poder a realizar varios proyectos, ou mesmo profundizar nun mismo proxecto alterando as condicións preestablecidas que demande o relato.
O corpus das imaxes poderá ter todas as variables posibles dende a animación, formas documentais etc, formatos televisivos etc.

Necesidades técnicas
Cada alumno traerá o seu propio equipo portátil coas aplicacións, fontes de son, librerías virtuais, auriculares etc que  considere e domine para a práctica e consecución  dos objetivos pretendidos.
As imaxes serán provistas polo titor.
Duración
Dous meses. 8 aulas Un aula semanal de duas horas Total 16 horas lectivas
Lugar
Estudios Bruar ( A Coruña)
Condicións económicas
Precio do curso completo: 400€
Os alumnos socios da Sgae terán un desconto dun 30%
Prazas limitadas ata completar un determinado cupo por riguroso orden de inscripción.
Precio estimado hora/alumno : 25€
Contacto/Inscripción
formacion@bruar.com Tlfno contacto: 626999886/981261104