Biografía
Nani García, A Coruña, 1955
Pianista, compositor e produtor musical. Músico autodidacta, inicia a súa formación en composición e jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980 ao tempo que cursa
estudios de lingüística nas Universidades de Upsala e Estocolmo. Ao seu retorno a Galicia forma parte dos diversos grupos de jazz da época, destacando entre eles a
fundación de Clunia xunto con Baldo Martínez e Fernando Llorca.
Paralelamente a súa vinculación ao mundo del jazz, onde o traballo co seu trío ten un papel moi relevante e que se alongou durante toda a súa carreira, Nani García desenvolve a súa actividade fundamentalmente no mundo da composición.
Autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, obras de teatro, curtametraxes, programas de TV, obras de concerto sinfónicas e de cámara,
una ópera estreada, conta con máis de 100 publicacións e arredor de 700 composicións repartidas en todos os ámbitos da música contemporanea.
Posuidor de multiples galardóns en composición ao longo da súa xa dilatada carreira reparte a súa actividade como director de varios festivais de jazz e música
de cine entre os anos 2010 e 2022.
Colaboracións
Jorge Pardo, Maria Joao, Mario Laginha, Baldo Martínez, Tom Gullion, Perico Sambeat, Kenny Wheeler, Pablo Milanés, Mathew Simon, Paolo Fresu, Ainhoa Arteta, Amancio Prada, Michael MacGoldrick, Dulce Pontes, Tom Gullion, Karen Mathesson, Paco Charlín, Alfonso Moran, Victor de Diego, Tom Hornsby, Luar na Lubre, Cuarteto Shubert, Cuarteto Cimarrón, Andrés Suárez, Borja Quiza, Pancho Corujo, Orquesta Sinfonica de Galicia, Euskadiko Orkestra, Real Filarmonía de Galicia son algúns dos artistas ou agrupacións cos que ten colaborado.